Biblos clube de lectores
El convento de San Francisco de Betanzos. Un eslabón perdido en el Camino de Santiago de Compostela. Siglos XIV al XVIII
 + Buscador BIBLOS
 
  7811 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista70

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias
 
Identificación

XAVIER CASTRO | A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia | Capítulo 1
A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia

ALIMENTACIÓN E GASTRONOMÍA NA PREHISTORIA E NA ANTIGÜIDADE PREHISTORIA. A ALIMENTACIÓN CASTREXA
Na Idade de Ferro, a dieta castrexa descansaba sobre un variado conxunto de recursos alimenticios que procedían da explotación dos biótopos terrestres e mariños, mediante unha ampla panoplia de técnicas, tales como a caza, a recolleita, a agricultura, a gandería, a pesca e o marisqueo. Hai que ter en conta que, como tamén acontece noutras áreas culturais, a recolección continuou practicándose tras da invención dos usos agrícolas, en calidade de actividade complementaria. Outro tanto se podería dicir da caza. Polo tanto, o mundo dos castros dispuña dunha economía de subsistencia máis diversificada do que se adoita pensar. Existiu unha certa unidade alimentaria na área castrexa antes da chegada da romanización, matizada polos recursos marítimos de que dispuñan os habitantes da zona costeira, e dos que estaban privados os do interior. Hipoteticamente, a dieta castrexa puido ser completa e equilibrada, mercé á variedade de principios nutritivos dispoñibles. Como se pode colixir, nas zonas costeiras a alimentación dispuña de maiores posibilidades que no interior; a dieta era polo tanto máis completa na franxa litoral. A maiores, este ecosistema máis favorable ofrecía posibilidades de supervivencia nas ocasións críticas: un supoñer, cando os temporais invernais empecían a práctica da pesca, podíase recorrer aos froitos da terra. E levar a cabo a operación inversa nas épocas de malas colleitas.
A alimentación estaba estreitamente vinculada ao ritmo estacional. Os temporais no inverno constituían evidentemente un condicionante que dificultaba a explotación dos recursos mariños, entrementres que o ciclo biolóxico das plantas determinaba a época das colleitas: deste xeito, dispoñerían do trigo a comezos do verán, e de millo miúdo cara finais. As landras recollíanas no inicio do outono. No período estival o clima relativamente benigno permitía que o mar puidese ser doadamente explotado. Deste xeito, pódese afirmar que a mellor época de subministro de alimentos sería o verán e o comezo do outono. Mentres que a época máis desfavorable para a aprovisionamento sería o inverno, no que os castrexos terían que resistir coa explotación da gandería e dos recursos cinexéticos. E botando man das reservas, claro. Co desenvolvemento das técnicas de conservación dos alimentos, que xa existían nalgunha parca medida entón, e coa auxe do comercio nas épocas históricas posteriores, iríase atenuando este condicionante que dificultaba a supervivencia da poboación.
O leite estaba presente na dieta castrexa, na que se incluían ademais algúns dos seus derivados. Consérvase de feito unha peza de cerámica que se empregaba no procesado de produtos lácteos, que moi probablemente facía ás veces de queixeira. Resulta probable que empregasen o arado, tirado polo gando vacún, pero isto non está ben documentado.
A muller traballaba xa intensamente os campos na época prehistórica, polo que a súa presenza resultaba moi visible na paisaxe, dun xeito semellante ao que aconteceu nas épocas posteriores, feito que sorprendeu notablemente os visitantes. É posible que as mulleres tivesen tamén propiedades fundiarias.
No período comprendido entre a Idade de Bronce e a Romanización consolidouse e espallouse a actividade gandeira. A cabana gandeira das comunidades prerromanas da Idade do Ferro do Noroeste componse de tres grupos: bovinos, súidos (porco e xabaril) e ovicaprinos (ovellas e cabras). Na zona litoral constátase o predominio destas últimas especies, seguidas do gando bovino. Xa en terceiro lugar encóntranse os súidos, como consecuencia da escaseza de terras de cultivo. Pola contra, nas localidades do interior cambia a proporción: o gando bovino ocupa o primeiro lugar, seguido de ovellas e cabras, e xa nun terceiro posto situábase o gando porcino. A cociña dos castros foise apoiando cada vez máis no aproveitamento de especies animais de tipo doméstico, como os porcos, fonte de carne e graxa; e tamén as vacas, ovellas e cabras, a medida que foron perdendo importancia relativa as especies procedentes da caza: teixugo, xabaril e cervo.
As idades de sacrificio dos animais domésticos revela o aproveitamento máximo das diferentes especies. Así facíanse máis rendibles as súas achegas tanto de labor, como tamén cárnicas e doutros derivados (primordialmente a la e mais o leite). Mesmo no que atinxe ás especies que non ofrecen produtos derivados, como podían ser os porcos, postergábase o sacrificio ata o momento en que a achega cárnica resultaba rendible (entre un ano e medio e dous anos de idade). Xa que logo, non se xantaban os bacoriños, nin as tenreiras.
Segundo Vázquez Varela e García Quintela, xa eran daquela alimentos tabús o cabalo, o gato e o mais o can. No que concirne ao cabalo, semella posible ofrecer algunha explicación que xustifique a súa exclusión da dieta castrexa habitual: resultaba útil para a guerra e probablemente desempeñaba un certo papel nos sacrificios rituais. Ao propio tempo constituía un símbolo de riqueza.
Pescábanse nomeadamente especies demersales propias dos medios rochosos próximos á costa. Para capturar o peixe servíanse de anzois metálicos, fabricados en cobre, bronce ou ferro, pero tamén coñecían algunha outra técnica pesqueira, como a “das pesas ou poutadas”, de interpretación complexa. Redes, pola contra, semella que non foron empregadas ata a época da dominación romana. Nos castros encontráronse pegadas dun número moi amplo e variado de especies. Velaquí cal era a composición ictiofaunística á sazón: tordo rocheiro, robaliza (lubina) e muxo; e tamén pescada, faneca, xurelo, dourada, pargo, sargo, aligote, ollomol, maragota e cabala, chaparella e congro. Os poboadores dos castros dispuñan, pois, dunha gran variedade de especies.
Polo demais, foron encontrados restos de mariscos nos concheiros existentes ao longo da práctica totalidade da costa de Galicia. Por certo que todo parece indicar que aínda non se facía uso das cunchas dos moluscos como fertilizante, como foi logo práctica corrente na agricultura costeira da época histórica.
Nos asentamentos próximos á costa non foi en absoluto escaso o papel xogado na dieta alimenticia da prehistoria galega por unha gran variedade -e tamén cantidade- de moluscos, crustáceos e equinodermos, sometidos a unha recolección intensiva por parte dos habitantes dos poboados da beiramar. Pero non só se beneficiaban desta actividade os que residían a carón das praias. O hinterland do marisqueo era máis amplo: dende A Guarda ata A Coruña, constátase unha actividade de supervivencia das xentes castrexas que se mantería despois ao longo de toda a historia do campesiñado galego: os labregos baixaban das súas aldeas nas mareas propicias para practicar a recolección de mariscos. Polo demais, a importancia deste produto na dieta medraba nas estacións do ano nas que escaseaban os restantes recursos alimenticios.
Apoderábanse de lapas e mexillóns fundamentalmente, pero tamén recollían percebes e, en menor medida, bígaros de varias clases, para empregar todas estas especies a xeito dun complemento alimenticio relativamente regular. Non faltaban tampouco as centolas e ourizos. Nin deixan de encontrarse tampouco nos amoreamentos restos de cunchas de ameixas, navallas, berberechos e outros moluscos que se comían crus, pero que tamén se cociñaban.
O tamaño das especies na maior parte dos casos superaba a talla comercial actual. Debíase isto a que reinaba unha maior abundancia, en tanto que a poboación era moito máis escasa, polo que non resultaba de ningún xeito necesario aproveitar os exemplares máis cativos.
Ao cabo, existe constancia de que tamén se practicaba a pesca fluvial.
Polo demais, os ovos estaban presentes na súa dieta. No que respecta aos recursos vexetais consumidos, constátase a existencia de varias especies de trigo (entre outras, triticum aestivum, e turgidum, con certas subespecies). Outro cereal que desempeñou un papel relevante foi a cebada. Así mesmo, o panizo ou mijo (primordialmente da variedade Panicum miliaceum, e en menor medida Setaria italica) denominado en galego millo miúdo, cultivouse tamén pero semella que non en gran medida, polo que todo parece indicar que non chegou a ter moita importancia na dieta de entón. As aveas (Avena sativa) están presentes en moitos xacementos, mais aparecen en menor proporción que as restantes gramíneas cultivadas. Polo tanto, aproveitaríase en numerosas localidades, pero non con grande profusión. Algún centeo sementouse asemade, pero, consonte coa información arqueobotánica e histórica, este cultivo espallouse polos países meridionais de Europa cara ao remate do Imperio romano. En realidade, non alcanzou verdadeira importancia ata a Idade Media, mercé ao cultivo promovido polas ordes monacais nas zonas frías do noroeste de Europa.
En consecuencia, a dispoñibilidade de varios cereais de inverno e de verán permitía a elaboración de diferentes tipos de pan. E todos estes cereais gardábanse en recipientes de grandes dimensións, como podían ser as vasillas, xa que os hórreos aínda non fixeran a súa aparición na paisaxe.
Rexistrábase ademais un consumo combinado de especies silvestres, landras (consumidas tras ser torradas ou en forma de pan), abelás, etcétera. Para sermos precisos, existe constancia de que na zona portuguesa da cultura castrexa (Mirandela), no terceiro milenio a. de C., comíanse os piñóns (Pinus pinaster) e tamén as bellotas (Quercus). O emprego das bellotas na alimentación humana dos poboados castrexos dedúcese do feito de que maioritariamente se atoparon desprovistas da cuberta externa, operación laboriosa, e dende logo innecesaria cando se destinan á alimentación dos porcos. Ademais, unha vez secas e peladas, as landras pódense almacenar e moer. Coa masa fariñenta facíanse tortas, pero tamén un tipo de pan. Teñen un valor alimenticio apreciable, e o seu aproveitamento resulta máis rendible que outros produtos agrícolas dos que nos servimos actualmente en termos de enerxía empregada. Hai que ter en conta que para obtelas abondaba con recoller os froitos caídos no chan ou ben varear os carballos. Agora ben, a importancia das landras non foi tanta como pretenden as fontes literarias romanas, que agochan o papel desempeñado pola agricultura. Os seus autores subliñaban, pola contra, a importancia da recolleita deste froito no marco das estratexias de subsistencia dos castrexos, aos que presentaban como “bárbaros”, caracterizados como xentes que non comían trigo, nin bebían viño, nin utilizaban aceite. Deste xeito, Estrabón descualificaba os castrexos por practicar un xeito de alimentación (atlántica, diríamos hoxe) que non se atiña á tríade característica da civilización. Da mediterránea, por suposto. Na zona portuguesa da cultura castrexa (Mirandela) existían, no terceiro milenio a. de C., as leguminosas, e rexistrábanse un claro predominio dun tipo de faba (Vicia faba; que difire, por certo, da variedade que se importará séculos despois de América e que terá unha gran difusión), que no mundo antigo se empregaban para facer puré ou mesmo un tipo de pan. Na Galicia de entón (entre a Idade de Bronce e a Romanización) había tamén chícharos (Pisum sativum), que adoitaban utilizarse para facer sopas, aínda que non parece que se consumiran tanto como as fabas. No que concirne ás lentellas, non está claro que se cultivasen. Seica tampouco se sementaba o garavanzo, que en conxunto tivo moi escasa importancia no marco xeral da agricultura ibérica, cando menos ata que chegou o período medieval. Non existen, do mesmo xeito, evidencias de cultivo de lupinos (Lupinus albus), ervellas (Vicia ervilia), almortas ou muelas (Lathyrus sativus). Nabos había tamén e a verza estaba moi espallada, e cren algúns autores (Fernández Rodríguez, Ramil Rego e Rodríguez López) que se aproveitaría en verde, como ensalada e tamén como forraxe para os animais. Por fortuna, tamén é moi probable que a empregaran asemade para facer o caldo. Tamén preparaban este sabedeiro condumio con repolo, nabiza e grelo.
Para combater a sede bebían auga, probablemente sidra e unha bebida elaborada con cereais fermentados (zythos). Conforme se foi desenvolvendo esta civilización foi coñecendo o viño, pero como bebida moi excepcional, que en principio había que importar por medio de ánforas. Dispuñan dunha xerra de barro para líquidos, con asa e abombamento no corpo inferior, que presenta un feitío -estilo Toralla-, moi coñecido e semellante ao que produciu a olería artesanal posterior. Empregábase o xerro nos banquetes para servir a bebida e tamén cun carácter ritual.

VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL