Biblos. Clube de Lectores

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN

Biblos Clube de Lectores, S.L. (en adiante “Biblos”) administra a tenda virtual www.biblosclube.com  e pon a disposición de todos os clientes e subscritores as seguintes condicións xerais de contratación que rexerán para todas as compra realizadas a través da Web.

Biblos Clube de Lectores S.L., ten o seu domicilio fiscal en España, Quintá, 8 de Mandaio, 15391 de Cesuras, A Coruña ( CIF: B15869944) con inscrición no Rexistro Mercantil de A Coruña, tomo 2.689 do Arquivo Sección Xeral, folio 157, folla número C-30.556.

1. Contidos e información suministrada no Website

Biblos poderá modificar en calquera momento a oferta comercial presentada na Web (no que respecta a prezos, promocións, ofertas, dispoñibilidade e as presentes condicións xerais de compra).

Biblos intenta de maneira continua que calquera información contida na Web sexa veraz e que non conteña erros tipográficos, polo que no caso de producirse un erro desta índole alleo en todo momento a vontade de Biblos, procederíase inmediatamenta a súa correción. De existir un erro tipográfico nalgún dos prezos mostrados e algún cliente tomara unha decisión de compra baseada en dito erro, Biblos comunicará ao cliente dito erro e o cliente terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo pola súa parte.

Os contidos do webside Biblos poderán, en ocasións, amosar información provisional sobre algúns produtos. No caso de que a información facilitada non correspondese ás características do produtos o cliente terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo pola súa parte.

Biblos non é responsable nin directa nin indirectamente de ningunha das informacións, contidos, afirmación se expresións que conteñan os produtos comercializados poR Biblos. Dita responsabilidade recae en todo momento nos editores e distribuidores de ditos produtos. O cliente entende que Biblos é un mero intermediario entre el e dito editor ou distribuidor.

2. Sistema de venda. Para realizar unha compra, o usuario pode elixir entre diversas formas de facernos chegar o pedido:

3. Forma de pago.

Ao formular o pedido, o cliente pode elixir libremente aboar as compras que realice mediante domiciliación bancaria, tarxeta ou contra reembolso. En determinados casos e para previr posibles fraudes Biblos resérvase a posibilidade de solicitar a un cliente unha forma de pago concreta no caso de que non se acredite fehacientemente a identidade do comprador.

4. Forma, gastos e prazo de envío.

O cliente poderá seleccionar a forma de envío de entre as posibles para a súa zona de envío. Deberá ter en conta que os prazos de entrega, a calidade do servizo, o punto de entrega e o custo serán diferente para cada forma de transporte.

Biblos envía os pedidos a os seus clientes a través do servizo ordinario de Correos ou usando puntualmente empresas de transporte. A data de entrega no domicilio do cliente dependerá en todo momento da dispoñibilidade do produto escollido e da zona de envío.

5. Impostos aplicables.

Os prezos dos produtos expostos na páxina web de Biblos, inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) que, no seu caso, proceda aplicar.

As compras que vaian ser entregadas dentro do territorio de calquera dos estados membros da Unión Europea estarán suxeitas a IVE.

As compras que deban de ser entregadas en territorios de Estados non membros da Unión Eurpea, Canarias, Ceuta ou Melilla estarán exentas de IVE.

6. Política de devolucións.

Biblos garante aos seus clientes a posibilidade de anular o seu pedido en calquera momento e sen ningún custo sempre que a anulación se comunique antes que o pedido fora posto a disposición do transportista para o seu envío.

O cliente disporá dun prazo de sete días desde a recepción do pedido para resolver o contrato e realizar a devolución do produto adquirido. O cliente comunicará a Biblos dentro do prazo estipulado e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de exercitar o seu dereito de desistimento. Nestes casos, Biblos devolverá o diñeiro da compra a través de transferencia bancaria a conta indicada polo cliente, xiro postal ou mediante aboamento na conta persoal.
Se a causa da devolución fose que o libro devolto presente defectos, Biblos, correrá ademais co custo do cambio.

O cliente poderá devolver calquera produto que comprase en Biblos sempre e cando estes non fosen abertos nin usados e conserven o seu precinto ou embalaxe orixinal. Nestes casos, Biblos, devolverá o diñeiro da compra a través dun aboamento na tarxeta de crédito, mediante unha transferencia bancaria na conta indicada polo cliente ou mediante aboamento na súa conta persoal.

Se un producto distinto do solicitado polo cliente fose entragado por erro, Biblos entregaralle o produto correcto sen ningún cargo adicional para o comprador.

7. Obligacións do cliente

O cliente de Biblos comprométese en todo momento a facilitar información veraz sobre os datos solicitados nos formularios de rexistro de usuario ou de realización de pedido e a mantelos actualizados en todo momento.

O cliente comprométese a aceptar todas as disposición e condicións recollidas nas presentes Condición Xerais de Contratación entendendo que recollen a mellor vontade do servizo posible para o tipo de actividade que desenvolve Biblos.

Así mesmo, comprométese a gardar de forma confidencial e con máxima dilixencia as súas claves de acceso persoal á nosa Web.

O cliente comprométese a posibilitar a entrega do pedido solicitado facilitando un enderezo de entrega dentro do horario habitual de entrega de mercancías. No caso de incumprimento por parte do cliente desta obrigación Biblos no terá ningunha responsabilidade sobre o retraso ou imposibilidade de entrega do pedido solicitado polo cliente.

8. Seguridade e confidencialidade

Biblos garante a seguridade e confidencialidade en todas as súas comunicacións cos seus clientes e protexe as operacións realizadas on line con protocolos baixo estándares SSL.

Biblos cumpre estritamente coa lexisalción en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal e todo de acordo a lexislación vixente na materia, máis concretamente  a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Os datos facilitados serán incluídos nun ficheiro de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade de Biblos para cos seus clientes, quen poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición enviando unha comunicación a Biblos ao enderezo arriba indicado, coa oportuna acreditación do titular. Todos os datos sinalados con un asterisco (*) no formulario son obrigatorios para establecer o rexistro ou habilitar a compra.

Non destinaremos os datos a outra finalidade que non sexa a de tramitar os pedidos e ordes de compra solicitados polos usuarios e a de facerlles chegar, eventualmente, información puntual sobre as nosas novidades e promocións, sempre con autorización do cliente.

No caso de que os datos suministrados estean asociados a unha compra, a lexislación española obríganos a mantelos como minímo durante cinco anos polo que non se poderán borrar nin rectificar aínda que o cliente así o solicite.

9. Lexislación aplicable e xurisdicción competente

As compravendas realizadas con Biblos sométense á lexislación española, someténdose ao foro do cliente no caso de que este fose un consumidor final e aos Xulgados e Tribuanais de Betanzos en caso de que a parte compradora teña do seu enderezo fóra de España.