Biblos reuniu grandes personaxes do imaxinario galego
As Bibliotecas do Concello de Cambre apuntáronse co seu premiado personaxe Moucho Leroucho de animación á lectura; tamén os de Dygra, que nos enviaron o reforzo de Perechu e Oberón; veunos visitar o Xabarín da TVG e a Fundación Fernández Flórez aportaba un coche dos anos 20 e un importante grupo de persoas caracterizados de personaxes aos que deu vida o gran escritor; a Fundación Luís Seoane tamén tentaba materializar algunha das creacións do xenial artista. Para o ano que vén, tentaremos ir a máis. Xa estades todos convidados a participar.