Biblos clube de lectores
Sete pezas breves integran o volume

Máis de 150 poemas nunha fermosa edición de peto
 + Buscador BIBLOS
 
  6325 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Marzo-abril

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

A mostra foi inaugurada o día 15 coa presenza dos autores do libro e do concelleiro de Cultura de Ferrol
A CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE ACOLLE DEICA O 26 A EXPOSICIÓN DOS ORIXINAIS DE XAQUÍN MARÍN PARA
«A OCA DE LEONARDO»


Xaquín Marín e Ramón Loureiro estiveron na presentación do libro e a apertura de exposición que tivo lugar o día 15 de febreiro na Casa da Xuventude de Ourense. Acompañábaos Xosé Manuel Couce, concelleiro de Cultura de Ferrol, organismo que patrocina a itinerancia da mostra cos orixinais e bocetos de «A oca de Leonardo». O relato, cheo de humor, trae ao Vizconde de Chateaubriand como personaxe á literatura galega. E narra unha imaxinaria viaxe do escritor bretón a Galicia no outono de hai xustamente douscentos anos.
No conto, Chateaubriand, que se encontra de romaría en Terra Santa, decide aproveitar uns días de descanso na súa peregrinación para probar un agasallo de Napoleón Bonaparte: unha máquina voadora, con forma de oca, construída no Arsenal de Brest seguindo uns planos do Renacemento atribuídos a Leonardo da Vinci. A bordo da oca, o Vizconde, tras pasar, entre outros lugares, polo Cairo, Venecia e París, voará ata Galicia, que grazas a el terá a posibilidade de ver cruzar os ceos a un aeroplano... moito antes de que oficialmente a aviación se inventase.
Obra repleta de tenrura, pero ao mesmo tempo tamén de ironía, A oca de Leonardo ofrece un traballo de escritura ambiciosa, pero ao mesmo tempo dotada dunha transparencia na prosa que a fai asequible incluso aos lectores máis pequenos. Os magníficos debuxos a toda cor dun dos artistas máis recoñecidos entre os debuxantes, ilustradores e humoristas do país, Xaquín Marín, fan do libro un auténtico obxecto de colección. Todo un agasallo para quen ame os libros e as letras que estará dispoñible na segunda quincena de outubro.
Xaquín Marín (Ferrol, 1943) cumpriu xa medio século no mundo do debuxo, no que ten unha importante obra como humorista gráfico, ilustrador e cartelista. É tamén director, ademais de fundador, do Museo do Humor de Fene. Desde que en 1975 editou con Patiño 2 Viaxes, o primeiro álbum do noso cómic, as súas achegas foron sucedéndose con álbumes (Ratas, Gaspariño e Dos pés á testa), libros e colaboracións constantes con moitas publicacións, desde Chan, Teima ou A Nosa Terra, a El Ideal Gallego, La voz de Galicia ou La Codorniz e Hermano Lobo.
O seu último traballo foi xa con Ramón Loureiro, con quen editou en A Nosa Terra O peixe de pedra e con quen agora acada, con deseño de Xoan G., unha obra especialmente atractiva con A oca de Leonardo. O escritor e xornalista de Sillobre (1965), cunha importante obra tamén no campo da fotografía, publicou o seu primeiro traballo narrativo, a novela curta Morgado, en 1997. Con O corazón portugués, unha novela situada no universo imaxinario da Terra de Escandoi, foi finalista do Premio Carlos Blanco de Narrativa Galega e Portuguesa que convocan o Eixo Atlántico e a Asociación Galega de Editores. E coa súa máis recente publicación, As galeras de Normandía, acadou un elevado número de vendas e o recoñecemento da crítica que o situou entre os finalistas do seu premio.



VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL