Biblos clube de lectores
Unha novela chea de sensibilidade e de denuncia en feminino
Carlos Quiroga analiza a vida e obra de Saramago e a súa relación con Galicia
 + Buscador BIBLOS
 
  6772 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista45

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 




Claudio Rodríguez Fer presentará a obra o día 9 (20 horas) na Galería Sargadelos

Lugo acollerá a presentación de «Corazón entre desertos» de Tucho Calvo


Corazón entre desertos de Tucho Calvo, publicado na colección Mandaio, é unha edición revisada e acrecentada na que se inclúen tres relatos publicados en Astra o confín (O Castro, 1982), libro desde hai anos esgotado: «Parados», «Gare de Austerlitz» e «No confín».
A obra recupera tamén ilustracións de Xaime Quessada e outra de Miguelanxo Prado para o relato «Corazón».

A VIDA POSIBEL»
Por Raúl Veiga

Confróntanos Tucho Calvo nesta acrecentada edición de Corazón entre desertos coa vida como lugar de afirmacións e renuncias, de soberanías e derrotas, de gozos e dores, escenario da constante batalla por sermos felices. Faino desde a liberdade que lle dan os anos vividos como home e a experiencia acumulada como narrador. Iso explica a repousada madurez dun volume que nos sitúa entre a realidade e as súas metamorfoses e vai deseñando estampas dunha sociedade en transición, a da Galiza contemporánea, mesmo cando o libro atravesa os campos do fantástico. Ofrece así imaxes dunha rede, esa fina retícula que a todos nos comunica, collidos como estamos na roda imparábel que a uns exclúe, a outros espreme e a todos impulsa.
O título dun dos contos, «Flores de pobreza», resúmeo ben. Na pobreza ou, se non hai tal, na desposesión que caracteriza a tantos personaxes do libro, Tucho é quen de encontrar sempre a dignidade da vida posíbel, do momento de felicidade que ilumina as existencias dos seres elementais (non simples) que somos. Direino con palabras de Noriega Varela: o libro sabe rescatar toda humilde beleza no vivir daqueles aos que o mundo que nos abafa condena a non seren perceptíbeis, a apareceren, no seu momento de máxima notoriedade, entre o público dun estudio de televisión para o aplauso obediente. No devalar de toda a xente hai poesía e lugar para unha afirmación, unha pequena vitoria. De aí, outra constante do libro: a experiencia da plenitude a través do goce no instante (ou da inmersión na natureza) como aquilo que pode reconciliar aos seres humanos con si e cos seus semellantes.
O libro vai tamén preñado de humor porque até nas situacións tráxicas aparece sempre un punto de comedia, así é a vida, e porque o narrador navega con delicadeza entre as angueiras dos seus personaxes para se situar no ángulo que en cada caso máis convén. Particularmente logrados son os textos construídos con base na distancia do narrador ao que conta. Neles, o encanto do relato descansa sobre o que o protagonista non coñece e, por aí, a capacidade de intrigar o lector, de preservar o enigma do vivir e, outra volta, o humor.
Tucho sabe verter viño novo en pipas vellas. Colle antigas historias de amor ou de terror e fainas revivir perante o noso ollar ao dárnolas en contextos e tratamentos novos: amor e guerra, vida e morte, o real e o fantástico. Constrúen os contos pequenas series e boa parte deles son breves, ás veces tan breves que nos desafían na súa concentración transparente, a pedir seren lidos e gozados unha e outra vez. Non por acaso os lugares da habitación tórnanse elementos recorrentes no libro. Tucho crea lares onde o individuo pode resistir á heteronomía esmagadora, a habilitar un reduto para a experiencia a través da capacidade de ficcionar. Porque o peor da moral do conformismo vixente non é que tire as ganas de facer un mundo máis habitábel. O peor é que nos tolle a potencia de imaxinar ese mundo. Corazón entre desertos contribúe a restaurala en nós.


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL