Biblos clube de lectores
A autora portuguesa Ana Luísa Amaral fala para Biblos
 + Buscador BIBLOS
 
  9045 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista86

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

O autor arzuano, que tivo a Manuel Rivas como titor, estará acompañado por Iria López Teixeiro

A galería Sargadelos de Ferrol acolle o 1 de xuño a presentación de «Relato dun estalido xordo», de Pablo García Martínez, Premio Biblos-Pazos de Galicia


Pablo García Martínez (Arzúa, 14-12-1985), o gañador da 5ª edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia, marchou a Euskadi aos 17 anos para cursar a carreira de xornalismo na Universidade do País Vasco (EHU) durante dous anos, antes de tramitar o seu traslado á Universidade de Compostela. Nela estivo os cursos académicos 2005-2006 e 2006-2007 antes de cursar o último ano académico na Universidade de Coimbra, ao abeiro do programa Erasmus. Dende xullo do ano 2008 traballa no xornal dixital Vieiros, encargándose principalmente da sección deportiva, mais tamén doutros temas que lle solicita puntualmente a dirección do medio. Durante este ano combinou o traballo no diario dixital coa xestión das páxinas web Galiza Olímpica e Nsaio.
As tres edicións anteriores foron gañadas por Iria López Teijeiro, a quen tutelou Xosé Luís Méndez Ferrín coa novela Meniña de cristal; Alberto Ramos, que tivo para a súa Dor pantasma a Darío Xohán Cabana como titor; Patricia Casas que contou coa axuda de Helena Villar para concluir Teselas de cidade, e Berta Dávila que recibiu de Agustín Fernández Paz a axuda para rematar a súa Bailarei sobre a túa tumba.
Relato dun estalido xordo é unha novela que reflicte o mundo dos adolescentes dunha pequena vila do interior de Galicia. Un lugar que ben pode ser un trasunto da Arzúa natal do autor.
Contextualizada a acción dentro da cultura pop, o grupo de protagonistas son mozas e mozos sumidos nas transformacións da adolescencia e a trama principal usa como fío condutor unha noite de troula para procurar deterse a debuxar as múltiples miserias que compoñen esa idade chea de inseguridades que os protagonistas partillan, ás veces falando e outras sen conseguir facelo. Os pensamentos que secundan cada un dos seus inseguros xestos ansiosos de aprobación dan forma a un mundo propio e singular, que aquí está singularizado polos camiños máxicos da vida e da morte.



VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL