Biblos clube de lectores
Carlos Quiroga traza unha ampla panorámica da edición actual en lingua portuguesa
 + Buscador BIBLOS
 
  10222 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista100

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

Di Méndez Ferrín que é “unha novela que roza o misterio da vida narrada magníficamente”
A GALERÍA SARGADELOS DE FERROL ACOLLE O DÍA 22 DE DECEMBRO A PRESENTACIÓN DE MENIÑA DE CRISTAL

Ao rematar o mes de outubro que se fixaba nas bases do Premio Biblos-Pazos de Galicia para concluír a novela gañadora, Iria López Teijeiro falou do remate do traballo na Casa Grande do Bachao na compaña do seu titor neste penúltimo capítulo do proxecto, o escritor e académico Xosé Luís Méndez Ferrín. A dicir deste, Meniña de cristal, título definitivo da obra que estará a comezos de decembro nos quioscos e librerías, é a novela “da procura dunhas raíces e tamén dun misterio que roza o misterio da vida, que aborda os grandes temas das relacións familiares que caracteriza as grandes creacións literarias”. “Narrada magníficamente”, de acordo coa valoración de Ferrín, “Meniña de cristal” salientaría tamén pola gran habilidade amosada nos diálogos, a dosificación dos datos e as boas definicións que cualificou de impresionistas e que contrapuxo pola calidade das visualizacións que ofrece ás “habituais difuminacións de lirismo mal entendido”.
Ver imagen ampliada (2,5 MB). Iria López resumira previamente o argumento da novela dicindo que conta a historia dunha rapaza que nun momento crítico da súa vida se ve abocada a volver ao pobo natal dos seus pais e pescudar nas súas raíces. Sobre a relación de autora e titor ao longo deste mes, Iria salientou a magnífica disposición, a entrega e a sensibilidade coa que Ferrín lle fixo as observacións sobre as posibles melloras do texto. E el sinalou a tradición histórica dos colaboradores e citou en concreto o caso de Jules Verne e os máis dun cento de asesores que lle axudaron con “Vinte mil leguas baixo os mares”, aludindo tamén ao seu traballo como docente que o sitúa de cote nese plano de axudar aos mozos. “Claro que aquí a relación era moi distinta e mesmo non sei se ao final me fixo caso”, engadiu.
Sobre a fixación do título da obra, diferente ao que figuraba no proxecto inicial, Ferrín sinalou que “é un acto de intuición, moi dado ás manías dos escritores” e que neste caso non se pode explicar porque atopa a súa xustificación no remate da novela que “é tan bo, tan bo, que semella máis o final dun conto que dunha novela. De feito ilumina toda a obra e por iso non poido revelalo”.


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL