Biblos clube de lectores
Unha novela chea de sensibilidade e de denuncia en feminino
Carlos Quiroga analiza a vida e obra de Saramago e a súa relación con Galicia
 + Buscador BIBLOS
 
  6692 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista45

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

En «Morto en fucsia» fai unha crítica mordaz e irreverente da sociedade cun estilo ousado e mesmo descarado propio dunha nova xeración «Feisbuc»

ELENA VEIGA RILO, DE 19 ANOS, GAÑA O 6.º PREMIO BIBLOS-PAZOS DE GALICIA


Elena Veiga Rilo (Guísamo-A Coruña, 17 de xaneiro do 1991), estudante que comeza o segundo curso do grao de Filoloxía na Universidade de Santiago, é a gañadora do 6.º Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos que se fallou hoxe (23 de xullo) na tradicional cea que reúne cada ano na Casa Grande do Bachao a máis dun cento de persoas relacionadas co mundo da cultura e do sector turístico galegos.
O premio achégalle á gañadora unha escultura de Luís Loureira titulada A peneira dos soños, un ordenador portátil, a estancia ao longo do mes de outubro na Casa Grande do Bachao para ultimar a súa novela coa colaboración de Fina Casalderrey como titora e a edición da obra en galego e castelán antes de rematar o ano.
Con Elena Veiga foi finalista Andrea Maceiras Lafuente, presente na cea e que recibiu unha placa conmemorativa ademais da recomendación do xurado de rematar o seu proxecto, no que tamén viu grandes posibilidades de rematar nunha boa novela.
O xurado, integrado por Fina Casalderrey, Pablo García Martínez (gañador da quinta edición) e Tucho Calvo, considera que, «cunha vizosa imaxinación e unha excelente agudeza no emprego da retranca, Elena Veiga ofrécenos unha historia tráxica de lectura amable, capaz de conmover nalgunha páxina ata encollerche o peito, e de arrincarche de súpeto unha gargallada en momentos de esperpento e hipérbole».
«Morto en fucsia» é para o xurado «unha crítica mordaz e irreverente da sociedade actual que non deixa títere con cabeza: a igrexa, a pedofilia, os malos tratos, a violencia de xénero, os marxinados sociais, o mundo da moda, a hipocrisía enquistada e aceptada polos cidadáns, a droga, a transexualidade, a aparencia, o fraude, os traumas da infancia que quedan como tatuaxes na alma...»
«Cun xeito de narrar ousado e mesmo descarado, utilizando sentencias que non admiten quenda de réplica por estaren baseadas en feitos consumados, «Morto en fucsia» vainos atraendo ata nos levar a situacións que tocan o mórbido, ofrecéndonos duros aguillóns que se cravan na alma por duros, tenros e verosímiles».
Conclúe o xurado que, «auténtica expoñente da que podería ser a nova Xeración Feisbuc, en Elena Veiga cómpre destacar o ben que xoga durante a construción da trama coa virtualidade e como se aproveita dela para agachar unha proposta de final que abate o lector».

Homenaxe a Xesús Couceiro
Antes da lectura da acta do xurado, os convidados puideron disfrutar dun breve concerto do Quinteto Pentalfa que lidera o gaiteiro Bieito Romero e tamén participaron na homenaxe que recibiu o libreiro Xesús Couceiro, a quen se lle fixo entrega do 2.º Premio á Colaboración Necesaria coa Cultura da asociación Pazos de Galicia que visualiza nunha escultura do artista Luís Loureira.
Biblos e Pazos de Galicia quixeron salientar unha vez máis o papel fundamental e o esforzo totalmente altruísta que os titores veñen desempeñando no premio que organizan e, para deixarlles constancia do seu agradecemento, fixéronlles entrega dunha escultura creada para a ocasión por Ramón Conde e personalizada cos nomes de Xosé Luís Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro, Agustín Fernández Paz, Manuel Rivas e Fina Casalderrey.


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL