Biblos clube de lectores
Os agasallos do Nadal
 + Buscador BIBLOS
 
  10337 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista101

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

Rocío Leira, autora con máis de cen premios
literarios, publica a primeira obra

Universo Pitágoras, unha aventura divertida e chea de enigmas para unha nena que detesta as matemáticas


Rocío Leira chega á publicación do seu primeiro libro cun gran recoñecemento como escritora, toda vez que ten sido premiada en máis dun cento de certames literarios. En Universo Pitágoras conta a historia de Xiana, unha rapaza que detesta os números, e que se ve de súpeto atrapada nun universo matemático. Para saír de aí, deberá enfrontarse ós máis diversos retos, e superar con astucia as probas que lle van xurdindo. Unha divertida historia que pon a proba o inxenio nada máis comezar, posto que o libro está desordenado e haberá que resolver distintos acertixos para dar coa orde correcta. Acompaña a Xiana nesta intrépida aventura e aprenderás cousas das matemáticas, mentres te divirtes resolvendo os enigmas.
Biblos Rústica 13,5 × 22 cm 72 páxinas
ISBN: 978-84-15086-33-8
13 €
Rocío Leira Castro (Pereiriña, Cée,1979) licenciouse en Matemáticas pola USC e tras rematar os cursos de doutoramento en Matemática Aplicada á Enxeñería, decidiu impulsar a súa propia iniciativa empresarial, abrindo un centro de formación para universitarios en Compostela. Desde moi cativa comezou a escribir e a participar en diversos certames literarios nos ámbitos do relato curto e a poesía. Conta no seu palmarés con máis de 150 premios, destacando entre eles, o Ánxel Fole, o Valle Inclán de narrativa curta e o Díaz Jácome de poesía. Nun aire novo de inquedanza, introduciuse tamén no ámbito da novela. Quedou dúas veces finalista do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia e gañou no 2012 o premio de novela curta Concello de Negreira.


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL