Biblos clube de lectores
Día das Letras Galegas 2020
 + Buscador BIBLOS
 
  10400 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista102

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

A media mañá esgotáronse os 30.000 exemplares que Gadis repartiu entre os seus clientes o mércores 16 de maio

Con Formigas, unha novela editada por Biblos e ilustrada por Abraldes, Tucho Calvo regresa á narrativa de terror

A nosa revista recolle as principais obras do xénero escritas ou traducidas ao galego.


Un ano máis, Gadis contribuirá á difusión do libro e a cultura galegas con diversas actividades programadas arredor do Día das Letras. Ademais de popularizar a figura homenaxeada de Valentín Paz-Andrade a través de dous millóns de bolsas e de colaborar coa Academia Galega na celebración do cincuenta aniversario das Letras, o mércores 16 (e non o sábado 12 como inicialmente estaba previsto) repartirá de forma gratuíta entre todos os seus clientes de Galicia (e ata finalizar as existencias) 30.000 exemplares de Formigas, a nova novela de terror de Tucho Calvo con ilustracións de Juan Carlos Abraldes. Con posterioridade a esa data, o libro poderá mercarse tanto a través de Biblos como nas librarías.
A primeira incursión de Tucho Calvo no mundo da novela de terror foi Telúrico (Espiral Maior, 1996). E de pouco despois da súa edición data a idea do novo texto, que xurde da experiencia de cubrir como xornalista un sórdido parricidio nunha lúgubre aldea e da fascinación polas formigas, uns seres que estaban aquí antes de chegar os humanos, que colonizaron toda a Terra e que son quen das maiores proezas organizativas e da máis extraordinaria crueldade nas súas guerras.
O escenario da trama é unha aldea, a morrer como tantas do país, miserenta e illada nun val que un día viviu o esplendor xurdido das minas de wolfram. Hai un sórdido parricidio que semella o desenlace dunha historia de violencia doméstica. A Garda Civil resolve coa detención do culpable un episodio “normal” nun sitio onde nunca acontece nada... E un xornalista, aprehensivo ante a escuridade do día e dos acontecementos, remata por mergullar nun horror ao que se ven arrastrados cantos acoden ao lugar.
Mais, coma sempre, o verdadeiramente terríbel ninguén o cre e o misterio vai ocupando o val, silenciosa e implacabelmente. Non se ve un alma por fóra. O medo reclúe a xente nas casas, mentres o inimigo, tan minúsculo como infinitamente numeroso, ataca con letal eficacia.
Non é esta a primeira vez que Biblos colabora con Gadis. Xa en anteriores edicións das Letras Galegas preparamos para a cadea galega de distribución edicións de O xabaril branco, outro libro de Tucho Calvo ilustrado por Miguelanxo Prado; Santa Matriusca, a segunda novela de Iria López Teixeiro; e Game over, de Santiago Lopo, con ilustracións de Norberto Fernández.

TUCHO CALVO e X. C. ABRALDES
Formigas
Biblos Rústica 13,5 × 22 cm 96 páxinas
ISBN: 978-84-15086-20-8
12 €


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL