Biblos clube de lectores
As últimas novidades
 + Buscador BIBLOS
 
  10074 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista98

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

A OBRA MÁIS VENDIDA SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS

Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, unha amena autobiografía en forma de entrevista cun home clave da historia recente do país


Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega elixiu para protagonizar o Día das Letras Galegas do 2012, fixo nos anos que precederon a súa morte un amplo repaso da traxectoria vital que o convertiu en home clave na historia do século XX galego. Era a comezos dos anos oitenta, na súa casa de Pousa Nova do Mar a carón da praia viguesa de Samil, e servíanlle de fío condutor as preguntas dunha entrevista do xornalista Tucho Calvo.
No longo diálogo narra as vivencias de quen tivo unha presenza sobranceira non só na política galega, senón tamén na cultura e no mundo empresarial: viaxeiro incansable que mantivo vivas as relacións co exilio galego; poeta, avogado e xornalista que dirixiu nos anos vinte o diario Galicia e, deica a súa morte, a que hoxe é decana mundial das revistas do sector pesqueiro, Industrias Pesqueras; impulsor de Pescanova; técnico da F.A.O. que xa en 1960 alertou dos perigos do tema das 200 millas para as flotas españolas; perseguido e represaliado na posguerra; membro da “Comisión de los diez” que negociou a transición co Goberno da UCD e senador por Pontevedra nas Cortes Constituíntes.
A aubiografía de Valentín Paz-Andrade, profusamente ilustrada con fotografías, publícaa Biblos agora nunha edición corrixida e aumentada en que se mantiveron as súas opcións lingüísticas e estilísticas procurando unicamente dar coherencia ao conxunto da obra.
Trátase, obviamente, da visión que ten Paz-Andrade de todo canto conta de Galicia no remate do pasado milenio. Pero alén de marcar a base de calquera indagación posterior sobre a súa figura, é tamén unha lectura amena polas moitas vicisitudes que contén a súa biografía, non poucas veces tinguidas polos perigos da aventura.
Así, sabemos que o personaxe escribindo crónicas desde a guerra de Marrocos no 1921; cando pasa polo cárcere dous anos despois na dictadura de Primo de Rivera; ao salvar a vida no 31 grazas a un pucheirazo que o deixou sen acta; sobrevivindo no 32 a un atentado en Vigo; cando volve zafar da morte no 36, primeiro porque non lle publican un artigo que o condenaría ante os golpistas, e despois porque foxe nun episodio de película no seu desterro de Verín; é encarcerado no 57 por un artigo en Industrias Pesqueras e un atropelo pono nas portas da morte no 61. Atopamos a Valentín Paz-Andrade na II Asamblea Nazonalista (1919), na presidencia do Grupo Autonomista Galego de Estudantes, como candidato ás Cortes Constituíntes por detrás de Castelao no 31 e, nese mesmo ano, no nacemento do Partido Galeguista no hotel Madrid de Pontevedra. Pero tamén escribindo en La Noche o artigo sobre a morte de Castelao coa famosa caricatura de Bagaría, defendendo no 23 unha liña férrea que unise polo norte Galicia con Europa, loitando por crear Petrogasa, Pescanova ou o Banco Industrial de Galicia… e, xa nas últimas décadas, criticando con dureza as actuacións que supuxeron a desaparición do Partido Galeguista ou o erro de manter as deputacións no estado autonómico.
A crónica detallada das súas viaxes e das experiencias no extranxeiro, así como a orixe das súas obras de creación e ensaio máis importantes, completan esta biografía dun home de firmes conviccións que tivo a determinación para traballar arreo por todo aquilo que coidou importante.
TUCHO CALVO
Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX
Biblos Rústica
13,5 x 22 cm 472 páxinas
ISBN: 978-84-15086-12-3
21,95 €


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL