Biblos clube de lectores
Dezaseis anos despois
 + Buscador BIBLOS
 
  10181 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  

Nova revista. Biblos
Revista99

[Ver PDF]


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias


 
Novas

NOVAS
 

 

















O ilustrador Xosé Cobas e Tucho Calvo presentaron en Ribeira o seu novo álbum, un libro cargado de imaxinación sobre o nacemento dunha ave singular

Paxaro de mar e vento sitúa nunha praia galega o descubrimento da astrófuga mariña


Non sempre os paxaros nacen dun ovo. A imaxinación pode tecer, cos restos que a natureza e as persoas deixan nas praias e coa axuda das ondas e do vento, curiosos envurullos que acubillan a aparición de novas aves. Moitas desaparecen ao pouco de nacer neses fermosos niños. Outras toman forma e viven co nome e as características que unha nena e a súa nai lles atribúen mentres pasean pola area recollendo crebas.
É así como un dos máis recoñecidos ilustradores galegos, Xosé Cobas, traza un magnífico relato en imaxes seguindo un texto de Tucho Calvo para contar o nacemento nunha praia galega da astrófuga mariña.
A astrófuga mariña é un ser que xurde da imaxinación de Mar e do diálogo coa súa nai, que vive porque permanece na súa memoria e que vai mudando a medida que lle atribúen características e comportamentos. Do mesmo xeito, esquecidos, outros paxaros duran apenas o tempo de ser nomeados (astriófolo, astrógado, gastriedo, afrópoda…) nun xogo que resulta estimulante e divertido para calquera lector infantil.
Xosé Cobas (Negreira-Logrosa, 1953) procede do mundo da pintura. A partir de 1988 centra a súa actividade na ilustración de libros infantís e xuvenís. Ten arredor dun cento de libros ilustrados e foi seleccionado en exposicións de ilustración por Italia (Ilustrazione e Grafica), nas Bienais de Bratislava, feiras do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña e no ano 2013 representará a España no Congreso Iberoamericano de Ilustración en Colombia.
Tucho Calvo (La Guaira-Venezuela, 1954), xornalista e escritor, fai unha nova incursión no mundo do libro infantil no que xa publicou A castaña que chegou a árbore (Ir Indo) e Gatipedro (Kalandraka).


VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL