En «Morto en fucsia» fai unha crítica mordaz e irreverente da sociedade cun estilo ousado e mesmo descarado propio dunha nova xeración «Feisbuc»
ELENA VEIGA RILO, DE 19 ANOS, GAÑA O 6.º PREMIO BIBLOS-PAZOS DE GALICIA
Elena Veiga Rilo (Guísamo-A Coruña, 1991), estudante de Filoloxía na USC, é a gañadora do 6.º Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallou na tradicional cea que reúne na Casa Grande do Bachao a persoas do mundo da cultura e do sector turístico galegos.
Falaron das súas experiencias e das obras que naceron co impulso recibido no certame cos titores
Numeroso público seguiu na Casa do Libro de Vigo a presentación dos gañadores do Premio Biblos-Pazos de Galicia
Moito público seguiu na Casa do Libro de Vigo a presentación dos gañadores das cinco edicións do Premio Biblos-Pazos de Galicia (Iria López Teixeiro, Alberto Ramos, Berta Dávila, Patricia Casas e Pablo García) e de todas as súas obras.
É premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e autora de máis de medio cento de libros
Fina Casalderrey será a titora da gañadora da sexta edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e autora de máis de medio cento de libros, Fina Casalderrey (Xeve-Pontevedra, 1951) será a titora da gañadora do VI Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos.
Poden participar todos os mozos e mozas de menos de 25 anos
BASES DO VII PREMIO DE NOVELA
BIBLOS-PAZOS DE GALICIA 2011
Biblos convoca a sétima edición do Premio de novela Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos. Os interesados poderán presentar os seus proxectos de novela deica o 16 de marzo do 2011 conforme a estas bases.
Roberto Pascual, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, escribe sobre a obra de Manuel Lourenzo
«Medea dos fuxidos e outras pezas»
Con estas seis obras que o autor nos agasalla seguiremos a procurar a mirada vibrante, a sedución da expresión ao servizo dun corpo que vista a palabra co mesmo aroma intelixente e sedutor con que Manuel Lourenzo quere espertar os nosos sentidos.
Unha
revista bimestral de 32 páxinas a toda cor, con
máis de 250 referencias de discos e libros galegos e portugueses
e información das novidades máis salientables.
Un libro
de regalo da colección Mandaio, exclusiva de Biblos,
tamén cada dous meses.
O desconto do 5% que permite a Lei do Libro nos
máis dos libros.
O envío de todos os pedidos dentro de Galicia e do resto
do Estado con custo de só 1 €.
A posibilidade de facer os pedidos por Correos, fax ou
a través desta páxina web.
Todo,
por unha cota de 15 euros anuais e o compromiso de mercar cando
menos un libro ou cd cada dous meses.