CARTA AOS LECTORES
TODAS AS EDITORIAIS DE GALICIA E OS PRINCIPAIS
AXENTES CULTURAIS DO PAÍS APOIAN O PROXECTO
Biblos clube de lectores, unha oportunidade
histórica
Benquerido/a amigo/a:
Un libro e unha revista
de agasallo cada dous meses, descontos en cantos libros merques
e achegarchos á casa cos portes pagados. Iso é
o que che ofrecemos se estás disposto a sumarte a un
proxecto que demostrará outra vez que xuntos somos capaces
do mellor. Todos os editores galegos, o conxunto das empresas
fonográficas, algunhas das máis importantes distribuidoras
de cine (como Filmax e Buenavista) e tamén unha representación
das grandes editoriais de Portugal participan en Biblos clube
de lectores. Temos o apoio da Real Academia Galega, da Mesa
pola Normalización Lingüística, do Instituto
da Lingua Galega e de innumerables asociacións. Pero
necesitamos tamén de ti para que esta nova idea a favor
do libro e da cultura galega sexa un éxito que sorprenda
a todos. Entre os nosos socios contamos xa non só con
representantes do profesorado, escritores ou intelectuais, senón
tamén con gandeiros, carniceiros, mariñeiros,
avogados, médicos...
Somos moitos os que pensamos que este proxecto debe espallarse
para nos beneficiar das vantaxes que proporciona sermos un colectivo
amplo. Ti mesmo podes contribuír a que os teus achegados
non queden fóra. Propómosche Biblos clube de lectores,
un proxecto que medrará da man de miles de galegos para
rachar coa invisibilidade e marxinación da nosa cultura,
para que teñamos a oportunidade de elixir dende a casa
entre os máis de mil títulos anuais que produce
a nosa industria editorial (creación para adultos, infantil
e xuvenil; historia, economía, ensaio, arte, cómic,
viaxes, ocio, cociña, xardín e horta, natureza,
etc.), entre os discos e películas, e para poder coñecer
tamén as novidades portuguesas.
Xuntos conseguiremos o
impensable. Gracias á nosa unión, por só
15 euros de subscrición anual e o compromiso de mercar
cando menos un libro, disco ou película cada dous meses,
recibirás:
-Unha revista bimestral de 36 páxinas a toda cor, con
información sobre as novidades editoriais, musicais e
filmográficas galegas e as máis salientables de
Portugal.
-Importantes descontos en todos os títulos, con ofertas
singulares nos de fondo.
-E, como agasallo tamén cada dous meses, un libro da
Colección Mandaio, exclusiva como novidade para os socios
e chamada a ser a referencia da creación galega pola
súa coidada selección e edición en tapa
dura. Cada volume da colección poñerase posteriormente
á venda ao prezo de 12 euros.
Un cariñoso saúdo
Carmela González.
Directora
Tucho Calvo.
Director literario
|