IRENE PÉREZ PINTOS O porco centelludo Unha princesiña perde un papaventos ao ver un porco tomando o sol nunha toalla. El recupérallo e ela, agradecida, bícao no fuciño, momento no que se convirte nun príncipe. Os debuxos son de Lázaro Enríquez.
ISBN:
84-9782-056-8
Páxinas: 32
Rústica
18 x 20 cm
Xerais
Prezo 8
€
MARIASUN LANDA Un crocodilo debaixo da cama O protagonista ten un crocodilo debaixo da cama. O réptil come zapatos e a súa aparición vai cambiar a vida de J.J. O libro foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2003. Tradución da autora e de Mª Dolores Torres. Ilustrado por Enjamio.
ISBN:
84-8288-652-5
Páxinas: 68
Rústica
16 x 22r cm
Galaxia
Prezo 13,4
€
BEGOÑA PAZ Norocai Nun tempo remoto, o mar declaroulle a guerra á terra que, sorprendida polo ataque, non foi quen de frear o pulo das augas. Así naceo Norocai, un náufrago a piques de afogar que protagoniza A illa durmida, libro primeiro desta obra.+ 11 anos.
ISBN:
84-96526-18-6
Páxinas: 160
12 × 20 cm
Baía Edicións
Prezo 8
€
XOÁN R. CUBA O caracol Remoldiño Tres amigos mercan unha empanada e mandan ao máis pequeño a por viño. Remoldiño sospeita que os seus colegas van papar o manxar mentres el fai o recado e decide vixialos. Ilustrado por Óscar Villán.
ISBN:
84-9782-057-6
Páxinas: 32
Rústica
18 x 20 cm
Xerais
Prezo 8
€
ARTURO IGLESIAS E XOSÉ TOMÁS Antón, si tal! Novo título da colección Cempés-Letras Miúdas que procura achegar a nenos e nenas de educación infantil contos que recreen un mundo de historias e imaxes, e potencien a súa fantasía.
ISBN:
978-84-92630-43-1
Páxinas: 32
15,5 × 19 cm
Baía Edicións
Prezo 6,95
€
MARGARITA DEL PAZO E PALOMA VALDIVIA A máscara do león Botando man da historia do paso á idade adulta do chamado a ser o Rei da Selva, este conto ensalza a plenitude que supón liberarse de clichés, convencionalismos e estereotipos, fronte á infelicidade que provoca non poder ser un mesmo.
ISBN:
978-84-9871-159-2
Páxinas: 48
Rústica
25 × 23 cm
OQO
Prezo 12,9
€
CHUS FERRÍN ¿Onde está o sol? O texto e as ilustración son de Chus Ferrín, que nos conta como unha sola (feminino de sol) que foron catar para aló da derradeira montaña recibe os coidados de toda a aldea de Xoana. Queren que medre e voe para rematar cun tempo no que chovía de cote.
ISBN:
84-7824-445-X
Páxinas: 28
Rústica
22 x 21 cm
Sotelo Blanco
Prezo 6,2
€
MANUEL MARÍA O bigote de Mimí O Fiz fixo unha trasnada e cortoulle o bigote ao seu gato Mimí. Era un fermoso mostacho de cor verde, azul e acastañado, e ao quedar sin el o minino convertiuse nun cazador cazado. Ilustracións de Suso Cubeiro. A partir dos 6 anos.
ISBN:
84-403-0422-6
Páxinas: 60
Rústica
12,5 x 19,5 cm
Everest
Prezo 6,5
€
BERNARDINO GRAÑA O corvo que andou de pato A maxia de Bernardino Graña remite a un animal que quixo ser outro. Editado na Colección Contos do Bernardino. Ilustracións de Anxo Fariña.
ISBN:
978-84-8341-450-7
Páxinas: 28
15 × 21,5 cm
A Nosa Terra
Prezo 10
€
PABLO ALBO E ANDRÉ LETRIA A sopa queima Divertida historia na que se deslizan algúns consellos obvios, e non por iso menos sabios, deses que os pais despregan diante dos fillos e tamén se ensalza a imaxinación como o máis eficiente e incuestionable recurso do que dispón un neno.
ISBN:
978-84-9871-161-5
Páxinas: 36
Rústica
25 × 23 cm
OQO
Prezo 12,5
€
O bosque animado. A aventura de Furi A toupa Furi está namorada de Linda e faría calquera cousa por ser correspondido por ela. Linda é raptada e ambos han pasar unha difícil proba con final feliz para quen viven no bosque animado. Ilustrado con imaxes da película.
ISBN:
84-403-0130-8
Páxinas: 72
Rústica
12,5 x 18 cm
Everest
FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL E SUSO CUBEIRO No corazón da fraga Divertida e entrañable achega aos habitantes das fragas: aos de verdade e aos que son producto da fantasía. Suso Cubeiro debuxou con meticulosidade animais reais e imaxinarios. A partir de 10 anos.
ISBN:
84-403-0425-0
Páxinas: 48
Tapa dura
21,5 x 28 cm
Everest
SUSO CUBEIRO Larita Conta a historia da locomotora Sarita, construída en 1880 en Inglaterra, que neste libro vaise ver envolta en tenras aventuras da man de dous “tolos” ferroviarios. Ilustracións en cores a toda páxina. De 8 anos en diante.
ISBN:
84-403-0432-3
Páxinas: 64
Tapa dura
21,5 x 28 cm
Everest