Biblos clube de lectores
As Letras de Carvalho Calero
 + Buscador BIBLOS
 
  10608 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES

 Todas as referencias
 
Narrativa


Luís Manuel García Mañá
 Non fales o que non debes
A aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa. Os personaxes presentan distintos rostros dependendo da mirada. Pero a verdade acaba por aboiar.
ISBN:
978-84-9121-679-7
Páxinas: 184

15,5 × 23 cm
Xerais
Prezo
16,1 €
Eva Baltasar
 Permaxeo
O permaxeo é a capa do chan permanentemente conxelada nas rexións polares, mais aquí é o comezo dunha triloxía literaria protagonizada por personaxes femininos cos que Eva Baltasar (Barcelona 1978) explora distintas etapas na vida das mulleres.
ISBN:
978-84-16721-63-4
Páxinas: 144

15,5 × 20,5 cm
Kalandraka
Prezo
16,15 €
Manuel García Barros
 Aventuras de Alberte Quiñoi
Subtitulada Novela humorística e de costumes. Desfile de vida campesiña, García Barros retrata nesta obra o correr dos días nunha aldea galega do val do Ulla, nos últimos anos do século XIX, a través das trasnadas e aconteceres do cativo Alberte.
ISBN:
978-84-9151-464-0
Páxinas: 470

13,5 × 21 cm
Galaxia
Prezo
22,8 €


Félix Soria
 Irán a por ti
Con atmosfera e argumento achegados á novela negra discorre no remate da ditadura franquista, coa violencia e convulsión social dos primeiros setenta. A trama, con diversos escenarios e gran riqueza de personaxes, céntrase nun piso de Barcelona.
ISBN:
978-84-120579-8-0
Páxinas: 254

15 × 23 cm
Medulia
Prezo
17 €
Raquel Miragaia
 Tempo Tardade
Após a morte da mãe, Branca volta à casa familiar, cheia de lembranças. O descobrimento de uma gaveta cheia de cartas do seu tio-avô, emigrado a Buenos Aires, faz com que Branca se pergunte porque é que a figura do seu tio Serafim mal foi mencionada.
ISBN:
978-84-16545-44-5
Páxinas: 172

13 × 20 cm
Através Editora
Prezo
12 €
Bernardino Graña
 Os toliños mariñeiros da Costa da Morte
Alexandre Ripoll é o encargado da edición deste volume de relatos de Bernardino Graña, un dos referentes na literatura galega. Narrativa de inspiración mariñeira que recolle a mellor tradición dos contos populares en Galicia.
ISBN:
978-84-121546-2-7
Páxinas: 74

14 × 21 cm
Medulia
Prezo
14,9 €


X. H. Rivadulla Corcón
 A taberna do Mascato Negro
Con 18 anos, Mario embarca por primeira vez e vai faenar ás augas de Terranova. O barco naufraga e Mario esperta nunha praia onde atopa unha solitaria taberna na que descobre que vive un grupo de mariñeiros á espera de que algo suceda para poder fuxir.
ISBN:
978-84-15166-79-5
Páxinas: 122

13,5 × 21,5 cm
Morgante
Prezo
15 €
Eduardo Blanco Amor
 A esmorga
Edición especial no 50 aniversario desta obra que Galaxia publicou en 1970, despois dunha primeira impresión na Arxentina en 1959, debido ás dificultades da censura franquista para a súa saída en Galicia. Edición enriquecida coa obra de Diego Estebo.
ISBN:
978-84-9151-475-6
Páxinas: 120

Galaxia
Prezo
18,52 €
Erri de Luca
 A natura exposta
Un escultor vive nunha pequena vila ao pé da montaña, onde vende e repara pequenas pezas de pedra e madeira, ao tempo que axuda a cruzar a fronteira a inmigrantes. Un incidente obrígao a marchar e recibe un delicado encargo. Tradución: Moisés Barcia.
ISBN:
978-84-17388-41-6
Páxinas: 122

13,5 × 21,5 cm
Rinoceronte Editora
Prezo
15,2 €


James Rhodes
 Instrumental
Disfrazada de autobiografía cuxa lectura remove as entrañas, Instrumental é unha oda á capacidade salvífica da música na que James Rhodes relata como superou as violacións a que o sometía o seu mestre de ximnasia. Tradución do inglés de Eva Almazán.
ISBN:
978-84-17388-38-6
Páxinas: 280

13,5 × 21,5 cm
Rinoceronte Editora
Prezo
18,9 €
Erkka Mykkänen
 Tres fins do mundo
Unha especie de descrición da realidade que nos arrodea feita a partir da deconstrución e a redución ao absurdo.Relatos breves relacionados a través dalgún personaxe, escenario e unha especial concepción do fantástico. Tradución de Tuula Marjatta Ahola.
ISBN:
978-84-122139-0-4
Páxinas: 88

13,5 × 21,5 cm
Esplanadi
Prezo
14 €
Anónimo
 O duque Ernesto
Un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá. Escrito orixinariamente en verso, relata a historia do duque Ernesto de Baviera, orfo de pai dende cativo, cuxa nai, Adelaida, casa co emperador Otón. Tradución: Almudena Otero Villena.
ISBN:
978-84-17388-37-9
Páxinas: 118

14,5 × 22 cm
Rinoceronte Editora
Prezo
15 €


Isabelle Alonso
 Morrerei outro día
O destemido Ángel Alcalá Llach ofrece a crónica da súa vida, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. A partir das lembranzas e apuntamentos do pai da escritora, Vicente Alonso Duch, álter ego do protagonista. Tradución de Xabier Ron e Isabel Soto.
ISBN:
978-84-121280-2-4
Páxinas: 324

13,5 × 20 cm
Hugin e Munin
Prezo
15 €
Takiji Kobayashi
 O caranguexeiro
Publicada por entregas en 1929 e logo como volume exento, está considerada unha das obras canónicas da literatura proletaria. Texto breve, destaca a potencia coa que reflicte a desvalorización das clases traballadoras. Tradución: Gabriel Álvarez.
ISBN:
978-84-121280-4-8
Páxinas: 120

14,5 × 22 cm
Hugin e Munin
Prezo
14 €
Conrad Ferdinand Meyer
 O amuleto
Malia ser hoxe moi estimada, en 1873, ano da publicación desta primeira novela breve do autor, houbo críticos que chegaron a acusala de plaxiar a Mérimée. Tradución: Rosa Marta Gómez Pato.
ISBN:
978-84-121280-5-5
Páxinas: 100

13,5 × 20 cm
Hugin e Munin
Prezo
13 €


++ Anterior ++   1  |   2  ++ Seguinte ++

VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL